ASOCIACION SEN ANIMO DE LUCRO

ASOCIACIÓN PONTEVEDRA EXOLOXIA E APICULTURA

  • Natureza

Coa denominación de "ASOCIACIÓN PONTEVEDRA NORTE ECOLOXIA E APICULTURA" constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto do no artigo 22 da constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asocicación e demais lexislación aplicable

PERSONALIDADE E CAPACIDADE

A asocicación constituida ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico.

FINS PRINCIPAIS

Promover un modelo de desemvolvemento respetuoso co medioambiente. 

Frear os efectos negativos do cambio climatico.

Manter os nosos ecositemas e biodiversidade a par que potenciamos unha actividade tradicional coma a apicultura poñendo e valor o produto local, o mediambiental e o patrimonio cultural.

Concienciar a poboación do territorio da apicultura e da importancia dun desembolvemeno sostible.

Divulgar a importancia do mel nunha dieta saudable e equilibrada.

Facilitar o acceso e a promoción dos produtos aos socios tanto a nivel galego coma nacional.

Favorecer o timercambio de experiencias entre os apicultores.

Formar aos axentes soiais do territorio acerca da importancia das abellas para omantemento dos nosos ecosistemas.

ACTIVIDADES A ORGANIZAR

Organizar, promover coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos.

Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionado cos obxectivos da asociación.

Proxectar, preparar e executar accións formativas.

Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a procura de liñas de actuación conxunta con entidades análogas, nacionais e internacionais.

Levar a cabo campañas de difusión e publicidade.

Recoller, tratar, difundir e intercambiar documentación e información relativa cos fins da asociación.

Formación en ecoloxía, apicultura e desenrolo sostible.

Promover directamente actuacións e proxectos que axuden a promocioanr a asociación.

Calquera outra actividade que poida resultar necesaria para conseguir os fins da asociación.

Asistencia conxunta a feiras agroalimentarias.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

As persoas asociadas teñen os seguintes dereitos

Participar nas actividades da asociación

Ser electoras e elexibles para os cargos dos órganos de goberno

Participar nas asembleas con voz e voto

Recibir información da composición dos órganos de representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

Acceder á documentación da asociación  a través dos órganos de representación.

Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

 

OBRIGAS DOCUMENTAIS

A asocicación disporá dos seguintes documentos, que estarán a disposición de todas as persoas asociadas:

a) Unha realización actualizada de persoas asociadas

b) Documentación contable que permitan obter a imaxe fiel do patimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, así como das actividades realizadas. Tal contabilidade levarase de conformidade coa normativa específica que resulte de aplicación

c) Inventario dos seus bens

d) Libro de actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación.

REUNIONS E ACORDOS

As reunións da asemblea xeral poden ser ordinarias ou extraordinarias.

A reunión ordinaria celebrarase como mínimo unha vez o ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio económico.

As reunións extraordinarias celebraranse cando as circustancias o aconsellen, cantas veces o acorde a xunta directiva ou cando o soliciten por escrito o 10% das persoas asociadas.

 

As convocatorias realizaranse por escrito sinalando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a publicación ou notificación da convocatoria e a data da celebración da ademblea en primeira convocatoria debe medir como mínimo  un prazo de quince días naturais.

A documentación e información sobre as materias incluídas na orde do día, estará a disposicion das  persoas asociadas na secretaría da asociación, cunha antelación mínima de quince días naturais á celebración da asemblea.

ADOPCIÓN DE ACORDOS

Os acordos da asemblea xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos nulos, en branco nin as abstencións. Os empates serán dirimidos mediante voto de calidade da Presidencia.

Será necesario a mairía absoluta dos votos emitidos, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade das oersoas presentes ou representadas, para adoptar os seguintes acordos:

a) Desiganción de membros da xunta directiva

b) Acordo para cosntituír federacións e para integrarse ou separarse delas

c) Disolución da asociación
d) Modificación dos estatutos, incluído o cambio de domicilio social.

e) Disposición ou alleamento de bens

f) Remuneración das persoas que integran os órganos de representación

OUTROS DATOS

Polinizadres

Manter una gran diversidade de polinizadores é esencial.

PLANETA

75% das 111 principais cultivos de todo o mundo dependen dos polinizadores. Na Union Europea o 84%

ABELLAS

Estimase que hay entre 20.000 30.000 especies diferentes no planeta.

DECLIVE

En Europa rexistraronse disminucions da riqueza de especies de abellas silvestres